O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, nunha sentenza do 30 de xaneiro, marcou un relevante precedente, ao aceptar unha indemnización complementaria aos 33 días que marca a lei.
No caso, a empresa alega causas económicas e produtivas, pero chama a atención que o despedimento se articula tan só 3 días antes de tramitar a empresa un ERTE por forza maior derivada da situación de emerxencia sanitaria pola pandemia por Covid19, e na carta de despedimento obxectivo non se conteñen razóns de índole estrutural (á marxe da caída de actividade derivada da situación pandémica) para extinguir o contrato de traballo.
Pois ben, ante a improcedencia dun despedimento, é posible recoñecer unha indemnización adicional á taxada legalmente. Nos últimos tempos os tribunais están a impoñer unha condena adicional para desincentivar ao empresario pois mentres que a indemnización legal debe ser calculada en función duns criterios obxectivos como o salario ou os anos de prestación de servizos e está suxeita a uns topes máximos, a adicional está pensada para baremar o dano emerxente, o lucro cesante ou os danos morais causados. Con todo, a indemnización adicional debe ser obxecto de proba.
Ler noticia completa: noticias.juridicas.com

